Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Servicio ayuda en el hogar

O servizo de axuda no fogar ten como obxectivo principal apoiar ao usuario nas tarefas elementais da vida cotiá, que non poida realizar polos seus propios medios e/ou non poidan realizar os seus familiares directos, tales como: aseo persoal, limpeza da vivenda, compra, xestións administrativas básicas, preparación da comida, servizo de comida a domicilio,? A fin de facilitarlle a permanencia no seu medio habitual, tratándose dun servizo complementario e non permanente, que non exime aos seus familiares das súas responsabilidades como tales.Será necesario solicitar unha cita coa traballadora social que leve o servizo, e posteriormente realizarase unha visita domiciliaria e valorarase as tarefas que se poden levar a cabo e marcarase o horario e temporalidade.

A documentación que hay que aportar é:

  • Volante de empadronamento
  • Presentación de solicitude en impreso oficial
  • Fotocopia DNI do solicitante
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Xustificante ingresos económicos da unidade familiar
  • Recibo da contribución
  • Certificado de intereses do banco do capital
  • Informe médico
  • Certificación do nº cuenta
  • Certificado de pensión mensual do organismo correspondente
  • Recibos de aluguer de vivenda ou hipoteca

Establecese un sistema de copago en función dos ingresos da unidade familiar. 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal