Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Servicio Xantar sobre Rodas

A través da firma dun convenio de colaboración entre o Concello de Cambre e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ponse en marcha o programa xantar na casa no Concello de Cambre,  a partir de mediados de novembro de 2011. Este servizo consiste en entregar  14 bandexas de comida semanalmente (dúas por día). A entrega efectuarase un día á semana (normalmente o martes) comunicando á persoa beneficiaria a hora aproximada. Prevese un menú de emerxencia para situacións climatolóxicas adversas.


Os menús incluirán primeiro prato, segundo prato, sobremesa e pan:

  • Primeiro plato: 4 días de hidratos carbono e 3 días verdura
  • Segundo plato: 4 días carne e 3 pescado
  • Sobremesa: froita ou lácteos

As dietas estableceranse baixo prescrición médica, distinguindo os seguintes tipos: normal, réxime, diabética e fácil masticación.

Proporcionarase un microondas aos usuarios/as e instruiráselles sobre o seu funcionamento naqueles casos nos que non dispoñan del.

Será necesario solicitar unha cita coa traballadora social correspondente que leve o servizo, e posteriormente realizarase unha visita domiciliaria e valorarase a situación.

Unha vez realizada a valoración, o técnico  de servizos sociais autorizará a prestación do servizo tras comunicación directa co Consorcio Galego para tramitar o alta.

O servizo funciona todos os días da semana de luns a domingo.

A documentación que hai que achegar é a mesma que para o servizo de axuda a domicilio.

Establécese un sistema de copago en función dos ingresos da unidade familiar.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal