Voluntariado e terceira idade
Voluntariado e terceira idade
O Concello de Cambre é unha entidade de acción voluntaria legalmente constituída desde o ano 2001, dotada de personalidade xurídica e sen ánimo de lucro que desenvolve programas e proxectos de acción voluntaria nas áreas de interese xeral.
As accións que se levan a cabo desde a Oficina Municipal de Acción Voluntaria son as de:
• Intermediación: información e asesoramento
• Xestión de proxectos propios de acción voluntaria
• Colaboracións coa iniciativa social e institucións da contorna
• Formación continua
Filosofía
Entendemos o voluntariado como o dereito á participación das veciñas e veciños no desenvolvemento da comunidade.
Voluntariado entendido como actuación organizada en busca do benestar social e a mellora da calidade de vida da comunidade, a través do cambio e da transformación social.
Entendemos a formación das persoas voluntarias como un piar fundamental da acción voluntaria.