Metodoloxía de Traballo

O voluntariado de Cambre caracterízase e é recoñecido pola implicación das persoas voluntarias na xestión do propio programa, promovendo desde os seus inicios a autoxestión e a participación das persoas voluntarias en todas as fases da acción voluntaria así como na toma de decisións.

A toma de decisións realizase a través dun proceso asembleario, fundamental para lograr e garantir a maior independencia e autonomía nas decisións, atendendo sempre á normativa de referencia na acción voluntaria e na administración pública.

Organizámonos a través de reunións xerais (trimestrais) e reunións específicas por proxectos de acción voluntaria en función das necesidades.

Existe a figura rotativa de persoa voluntaria portavoz para facilitar a comunicación e a organización.

A través do proxecto de autoxestión PAU un grupo de persoas voluntarias apoian na xestión da Oficina Municipal de Voluntariado durante 12 horas á semana para facilitar a coordinación das mesmas.

Consideramos a formación continua como piar fundamental na metodoloxía de traballo empregada.