Inicio » O noso Concello » Concellerías – Departamentos » Voluntariado e terceira idade » Proxectos de Acción Voluntaria

Proxectos de Acción Voluntaria

PROXECTOS DA ÁREA DE BENESTAR SOCIAL:

LAZARILLO: Acompañamento a persoas con dificultades de mobilidade

–    Acompañamentos a probas médicas, xestión de citas, trámites burocráticos,…

RESPIRO: apoio para favorecer o respiro familiar dos/as coidadores/as habituais de persoas dependentes

SAF-TELEASISTENCIA: apoio aos servizos de axuda no fogar con visitas e acompañamentos domiciliarios, comprobacións e seguimentos,…

AFÍN: dinamización e apoio ás actividades de terceira idade

–    Apertura e seguimento de centro social do Temple
–    Acompañamento a saídas e excursións

ÍNTEGRA: apoio e alternativas de ocio a persoas con diversidade funcional

–    Saídas de ocio para persoas con diversidade funcional maiores de 18 anos. 10 saídas anuais en fin de semana ao cine, talaso, viaxes, bolera, discoteca,…

DESPENSA MUNICIPAL DE ALIMENTOS: xestión do almacenamento e reparto de alimentos básicos a familias en situación de vulnerabilidade social

ACTIVA-T: acompañamentos a actividades sociais municipais

–    Piscina para persoas con diversidade funcional
–    Acompañamento ao Boccia para persoas con parálise cerebral
–    …

PROXECTO LABREGA SOCIAL: xestión dunha horta comunitaria con carácter social para a producción de productos autóctonos ecolóxicos. Entre os obxectivos están: a integración de persoas en risco de vulnerabilidade social e a doazón dos productos recollidos á despensa municipal de alimentos.

PROXECTOS DA ÁREA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ:

ASOCIA-T: apoio e dinamización do tecido asociativo municipal

–    Colaboración con entidades de iniciativa social que non dispoñen de voluntariado: servizo de gardería a nenos e nenas con diversidade funcional coa Asociación Arela, colaboración coa Asociación AMFAR no mercádello solidario, colaboración co grupo “Taponeando por Lola”,…

VOLUNTARIADO CÍVICO: fomento da participación social no desenvolvemento de actividades municipais de interese xeral para a comunidade de tipo cultural, deportivo,…
–    Apoio no Entroido pequeno
–    Apoio na cabalgata de Reis
–    Apoio na organización de eventos deportivos
–    …

PROXECTOS DA ÁREA DE EDUCACIÓN:

EDUCAMBRE:

–    Academicus: apoio escolar e actividades de reforzo educativo a nenos/as en situación de desvantaxe social
–    Apoio aos CEIPs e IES que o demanden na realización de saídas educativas e actividades complementarias
–    Banco de libros de texto: apoio na organización nos meses de xuño, xullo e setembro

PROXECTOS DA ÁREA DE MEDIO AMBIENTE:

PROXECTO RÍOS: inspección, conservación e recuperación do Río Mero (en colaboración con ADEGA)

–    Saídas en grupo ao río Mero en primavera e outono para a súa inspección e elaboración dun informe do estado de saúde a través da identificación de macroinvertebrados como bioindicadores

PROXECTOS DA ÁREA DE XUVENTUDE:

VENTE DE MARCHA: apoio en rotas de sendeirismo do programa Vente de Marcha da concellaría de Xuventude

PROXECTOS TRANSVERSAIS

IMPACTA: realización de campañas de sensibilización social e fomento da participación social e da solidariedade

–    Campañas de prevención da violencia de xénero
–    Celebración do día internacional da muller
–    Celebración do día internacional do voluntariado
–    …

RETRO: Actividades de retroalimentación das dinámicas internas entre as persoas voluntarias, mellora do coñecemento mutuo, actividades de motivación, dinámicas favorecedoras do traballo en equipo e actividades de ocio

–    Xornada anual de convivencia do Voluntariado de Cambre
–    Saídas en grupo
–    Dinámicas grupais

PAU: proxecto de autoxestión e organización interna das persoas voluntarias

–    Utilización da oficina municipal de voluntariado por parte das persoas voluntarias
–    Dotación de medios e ferramentas para a organización: internet, tres postos informáticos, fotocopiadora, teléfono,…