Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Portal de axuda ás persoas refuxiadas

O Concello de Cambre expresa o seu compromiso de colaborar coas diferentes institucións e organismos na acollida de persoas refuxiadas, e articular aquelas medidas que sexan necesarias en colaboración coas organizacións que traballan na defensa do Dereito de Asilo desde un enfoque non asistencialista, de restitución de dereitos, centrado na autonomía e a dignidade das persoas refuxiadas. Para iso convocarase unha mesa de traballo para coordinar as diferentes institucións públicas con competencias na materia, as diferentes concellerías, ás entidades veciñais e ás entidades sociais especializadas.

O Concello de Cambre canalizará a solidariedade veciñal e coordinará os recursos existentes no municipio. Para iso, poñerá a disposición da cidadanía un formulario WEB que recollerá as achegas, donativos ou recursos que a cidadanía pon a disposición das persoas refuxiadas. Unha vez recollida e sistematizada esta información, crearase unha rede de familias solidarias e intercambiarase esta información coas institucións competentes na materia para axilizar os trámites de acollida das persoas refuxiadas. 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal