Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

CONCEPTO DE ACCIÓN VOLUNTARIA (Lei 10/2011 de voluntariado de Galicia)



1. Enténdese por acción voluntaria a realizada por persoas físicas como resultado da súa participación social organizada no desenvolvemento de ac¬tividades de interese xeral a través de entidades de acción voluntaria, sempre que reúnan as seguintes condicións:

a) Que se trate dunha decisión libremente adoptada e non traia causa dunha obriga ou dun deber xurídico.
b) Que se execute fóra do ámbito laboral, profesional, funcionarial ou mercantil ou de calquera outro tipo de relación retribuída.
c) Que a acción voluntaria se leve a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos que esta acción poida ocasionar ou dos recoñecemen¬tos que correspondan.
d) Que se leve a efecto en función de programas concretos, xa sexan promovidos por calquera das entidades de acción voluntaria ou polas administracións públicas de Galicia.

2. Non terán a consideración de acción voluntaria:

a) As actividades que sexan realizadas de forma espontánea.
b) As consideradas como prácticas, aprendizaxes ou experiencia profesional.
c) As que sexan prestadas á marxe das entidades de acción voluntaria, de xeito illado ou esporádico.
d) As promovidas por calquera entidade para a consecución de beneficio económico ou intereses propios.
e) As desenvolvidas como consecuencia dunha relación laboral, mercantil, funcionarial de calquera tipo, así como as que constitúan exercicio de funcións directivas ou xerenciais nas entidades de acción voluntaria, a non ser cando quen as leve a cabo conserve a con¬dición de persoa voluntaria e as desenvolva en tal concepto sen percibir remuneración ou contraprestación por elas.

3. A acción voluntaria non poderá en ningún caso substituír as prestacións a que estean obrigadas as administracións públicas ou outras entidades, o traballo remunerado ou a prestación de servizos profesionais retribuídos.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal