Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Definición de Persoa Voluntaria (Lei 10/2011 de voluntariado de Galicia)

1. Enténdese por acción voluntaria a realizada por persoas físicas como resultado da súa participación social organizada no desenvolvemento de ac­tividades de interese xeral a través de entidades de acción voluntaria, sempre que reúnan as seguintes condicións:

a) Que se trate dunha decisión libremente adoptada e non traia causa dunha obriga ou dun deber xurídico.

b) Que se execute fóra do ámbito laboral, profesional, funcionarial ou mercantil ou de calquera outro tipo de relación retribuída.

c) Que a acción voluntaria se leve a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo do dereito ao reembolso dos gastos que esta acción poida ocasionar ou dos recoñecemen­tos que correspondan.

d) Que se leve a efecto en función de programas concretos, xa sexan promovidos por calquera das entidades de acción voluntaria ou polas administracións públicas de Galicia.

2. Non terán a consideración de acción voluntaria:

a) As actividades que sexan realizadas de forma espontánea.

b) As consideradas como prácticas, aprendizaxes ou experiencia profesional.

c) As que sexan prestadas á marxe das entidades de acción voluntaria, de xeito illado ou esporádico.

d) As promovidas por calquera entidade para a consecución de beneficio económico ou intereses propios.

e) As desenvolvidas como consecuencia dunha relación laboral, mercantil, funcionarial de calquera tipo, así como as que constitúan exercicio de funcións directivas ou xerenciais nas entidades de acción voluntaria, a non ser cando quen as leve a cabo conserve a con­dición de persoa voluntaria e as desenvolva en tal concepto sen percibir remuneración ou contraprestación por elas.

3. A acción voluntaria non poderá en ningún caso substituír as prestacións a que estean obrigadas as administracións públicas ou outras entidades, o traballo remunerado ou a prestación de servizos profesionais retribuídos.

DEFINICIÓN PERSOA VOLUNTARIA (Lei 10/2011 de voluntariado de Galicia)

1. Persoa física que, en virtude da súa decisión persoal, libre e altruísta e mais nunha situación de inexis­tencia de relación laboral, mercantil ou de traballo remunerado, participe en calquera acti­vidade de acción voluntaria mediante unha entidade de acción voluntaria.

 

2. Recoñécense como persoas voluntarias, con todos os dereitos e as obrigas recollidas nesta lei, as persoas que sen estaren adscritas a entidades de acción voluntaria colaboren en programas de acción voluntaria especificamente organizados polas administracións pú­blicas no ámbito das súas competencias.

3. As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de volun­tariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa de seus pais, dos seus titores ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da ou do menor.

4. A condición de persoal voluntario é compatible coa condición de membro da directiva da entidade e coa de coordinador de programas ou proxectos de voluntariado, sempre que o cargo non sexa retribuído.

5. A condición de persoa voluntaria é incompatible co desempeño de calquera activi­dade suxeita a retribución económica pola mesma entidade de acción voluntaria na que se integre, cuxa natureza, contido e obxecto poidan ter relación cos propios da actividade voluntaria.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal