Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Definición de Persoa Voluntaria (Lei 10/2011 de voluntariado de Galicia)

PROXECTOS DA ÁREA DE BENESTAR SOCIAL:

    LAZARILLO: Acompañamento a persoas con dificultades de mobilidade

-    Acompañamentos a probas médicas, xestión de citas, trámites burocráticos,...

    RESPIRO: apoio para favorecer o respiro familiar dos/as coidadores/as habituais de persoas dependentes

    SAF-TELEASISTENCIA: apoio aos servizos de axuda no fogar con visitas e acompañamentos domiciliarios, comprobacións e seguimentos,...

    AFÍN: dinamización e apoio ás actividades de terceira idade

-    Apertura e seguimento de centro social do Temple
-    Acompañamento a saídas e excursións

    ÍNTEGRA: apoio e alternativas de ocio a persoas con diversidade funcional

-    Saídas de ocio para persoas con diversidade funcional maiores de 18 anos. 10 saídas anuais en fin de semana ao cine, talaso, viaxes, bolera, discoteca,...

    DESPENSA MUNICIPAL DE ALIMENTOS: xestión do almacenamento e reparto de alimentos básicos a familias en situación de vulnerabilidade social

    ACTIVA-T: acompañamentos a actividades sociais municipais

-    Piscina para persoas con diversidade funcional
-    Acompañamento ao Boccia para persoas con parálise cerebral
-    ...

    PROXECTO LABREGA SOCIAL: xestión dunha horta comunitaria con carácter social para a producción de productos autóctonos ecolóxicos. Entre os obxectivos están: a integración de persoas en risco de vulnerabilidade social e a doazón dos productos recollidos á despensa municipal de alimentos.  


PROXECTOS DA ÁREA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ:

    ASOCIA-T: apoio e dinamización do tecido asociativo municipal

-    Colaboración con entidades de iniciativa social que non dispoñen de voluntariado: servizo de gardería a nenos e nenas con diversidade funcional coa Asociación Arela, colaboración coa Asociación AMFAR no mercádello solidario, colaboración co grupo “Taponeando por Lola”,...


    VOLUNTARIADO CÍVICO: fomento da participación social no desenvolvemento de actividades municipais de interese xeral para a comunidade de tipo cultural, deportivo,...
-    Apoio no Entroido pequeno
-    Apoio na cabalgata de Reis
-    Apoio na organización de eventos deportivos
-    ...

PROXECTOS DA ÁREA DE EDUCACIÓN:


    EDUCAMBRE:

-    Academicus: apoio escolar e actividades de reforzo educativo a nenos/as en situación de desvantaxe social
-    Apoio aos CEIPs e IES que o demanden na realización de saídas educativas e actividades complementarias
-    Banco de libros de texto: apoio na organización nos meses de xuño, xullo e setembro

PROXECTOS DA ÁREA DE MEDIO AMBIENTE:

    PROXECTO RÍOS: inspección, conservación e recuperación do Río Mero (en colaboración con ADEGA)

-    Saídas en grupo ao río Mero en primavera e outono para a súa inspección e elaboración dun informe do estado de saúde a través da identificación de macroinvertebrados como bioindicadores


PROXECTOS DA ÁREA DE XUVENTUDE:

    VENTE DE MARCHA: apoio en rotas de sendeirismo do programa Vente de Marcha da concellaría de Xuventude


PROXECTOS TRANSVERSAIS

    IMPACTA: realización de campañas de sensibilización social e fomento da participación social e da solidariedade

-    Campañas de prevención da violencia de xénero
-    Celebración do día internacional da muller
-    Celebración do día internacional do voluntariado
-    ...

    RETRO: Actividades de retroalimentación das dinámicas internas entre as persoas voluntarias, mellora do coñecemento mutuo, actividades de motivación, dinámicas favorecedoras do traballo en equipo e actividades de ocio

-    Xornada anual de convivencia do Voluntariado de Cambre
-    Saídas en grupo
-    Dinámicas grupais

    PAU: proxecto de autoxestión e organización interna das persoas voluntarias

-    Utilización da oficina municipal de voluntariado por parte das persoas voluntarias
-    Dotación de medios e ferramentas para a organización: internet, tres postos informáticos, fotocopiadora, teléfono,...

 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal