Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Programa de ocio e tempo libre: festas tradicionais e festa municipal

Cabalgata de Reis

O importante importante número de nenos e nenas do municipio explica o esforzo que se adica a esta primeira festa anual especialmente dirixida aos máis pequenos e as súas familias. Sae arredor das 6 da tarde aproximadamente e recorre uns 3 km atravesando os tres núcleos urbanos e de maior población: a  parroquia do Temple, punto de saída, a urbanización da Barcala e remata na parroquia de Cambre,  cunha festa pensada para que os niños sexan os protagonistas; conta cun nacemento viviente, o contacto directo coas suas maxestades os Reis de Oriente, a oportunidad de degustar un magnífico e quentiño chocolate con bizcoitos, e especialmente xogar. A imagen é o deseño gañador do concurso realizado entre escolares dos colexios do municipio.

Ten como peculiaridade que, xunto ás tradicionais tres carrozas reais, nas que cada Rei vai acompañdo do seu paxe real, participan tamén un grupo de pastores, artesanos e outros oficios tradicionis de nenos e nenas entre 6 e 7 anos; conta tamén cun séquito de xinetes a cabalo, ciclistas cargados de paquetes de agasallos e acompañamento de musica tradicional e panxoliñas.

Programa de actos entorno ao Entroido

Consiste nunha serie de celebracións do Entroido nas distintas parroquias e con distintos enfoques segundo os colectivos aos que se dirixen, así podémonos encontrar con festas xogos infantís, festas gastronómicas cos seus correspondentes concursos, bailes con ou sen disfraces, cántigas de Reis etc. Os protagonistas son os veciños e veciñas da parroquia, parece que o obxectivo é a convivencia cos máis próximos, e o punto de referencia é o entorno do local social/instalación deportiva da zona.

A festa infantil no polideportivo de Cambre é para xogar incluso con ou sen disfraz.

O punto final deste programa é a tradicional festa do Entroido Pequeno, o segundo sábado. Caracterizada polos tradicionais concursos de disfraces en distintas categorías, de comparsas que tanto canta, como escenifican un sketch de teatro ou unha coreografía de danza, o unha combinación de estas; e sobretodo o concurso de carrozas, que decoradas con todo detalle e moita imaxinación, especialmente no vestuario dos participantes, e sobretodo moita música, fan unha sátira ou recreación dalgún acontecemento público recente. Ca entrega de premios e unha pequena verbena popular finaliza o Entroido.

Festas de Santa María de Cambre

Celébranse durante 3 ou 4 días entorno ao 15 de agosto, na honra de Santa María. O  Campo da Feira de Cambre é o espazo de referencia destas festas e sitúase nas inmediacións da igrexa de Santa María de Cambre, xoia do románico do século XII.

Ten todos os compoñentes das festas populares, nin máis nin menos que días de encontro coa familia, os/as amigos/as e os veciños/as, e o programa de actosconta con: alboradas -música folclórica a cargo de grupos de gaiteiros, sesiones musicais de mañán e verbenas nocturnas, festa e xuntanza gastronómica popular, espectáculos de fogos artificiais e algún espectáculo pirotécnico, a lectura do pregón por parte dun personaxe popular e baile ata altas horas da madrugada.

Estos actos tradicionais se aderezan con eventos de participación popular, ben de natureza deportiva como os tradicionales Torneo de fútbol, de chave, Maratón popular, Carreira ciclista, Xadrez  etc ao que se van incorporantdo novas disciplinas propias do ocio e do tempo libre; xogos infantís e espectáculos artísticos ao aire libre para este colectivo: teatro-circo, mimo ou maxia para un público familiar, e algunha que outra actividade artística menos habitual, como a danza, a música de autor etc. Sen dúbida é a música a gran protagonista, de ahí que se conte con espectáculos musicais para a mocidade, para os “non tan mozos”, xunto á grupos locais de música tanto tradicional, como vocal ou a clásica banda de música.

Festival Rock in Cambre

Durante unha noite é o prato forte para mozos e mozas e adultos en xeral de Cambre e do seu arredor. Ininterrumpidamente levan celebrándose un total de 20 ediciones entre 1991 y 2011. Xuntaronse no seu escenario máis de trinta grupos de música rock emerxentes, locais moitos deles, xunto a grupos xa consolidados no panorama nacional. Son exeplos deste últimos M-Clan (1999), Los Enemigos (2000), Platero y tú (2001), Siniestro Total (2002), Rosendo (2003), Reincidentes (2004), Los Suaves (2005), Barricada (2006), Loquillo (2007), Deluxe y Burning (2008), Def con Dos (2009), Barón Rojo (2010) y  Mago de Oz (2011) co que se celebrou a XX edición do Festival.

É unha que propuxeron no seu día os grupos rock locais que levaron o peso da organización durante as primeiras edicións, a día de hoxe estes mozos/as xa non tan novos, asiten como público a este festival que se convertiu nunha iniciativa municipal que ocupa o seu lugar na época estival. Moitas grazas a todos eles!

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal