Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Concellería de Educación

A concellería de Educación intégrase na Área de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación do Concello de Cambre.

En materia educativa Cambre dispón de institucións públicas e privadas que cobren as necesidades de todos os veciños, falamos das Escolas Unitarias, dos CEIP (Centros de Educación Infantil e Primaria) e dos IES (Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato), ademáis de asociacións que adican o seu esforzo a atender necesidades educativas dos seus asociados.

A competencia e responsabilidade do Concello en materia educativa é a do mantemento dos seus centros escolares públicos de Educación Infantil e Primaria, de forma que coa política de intervención municipal de mellora e de dotación de infraestructuras e equipamentos nos centros escolares  consigamos ter nas mellores condicións posible as nosas escolas. Ademais, ofértanse unha grande cantidade de programas educativos a todos os niveis para completar a formación dos nosos veciños en especial os que teñen idade escolar.

Concelleira:
María Jesús Gómez González
mariajesusgomez@cambre.org

 

 

 

Contactar:
Río Barcés 7 bajo (A Barcala) Cambre
Tlf: 981 613 291
Fax 981 900 190
educación@cambre.org  

Atención ao público:
Inverno de 9 a 14 h. Verán (15 xuño ao 15 setembro) de 9 a 13:30 h.

 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal