Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Concellería de Educación. Programas.

Concurso cartel de Reis Magos.

No nadal realízase o concurso de carteis de Reis Magos dirixido aos escolares de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria dos colexios públicos do municipio de Cambre.

Presentaranse os carteis pintados e decorados con distintos motivos, lenda ou ambos, que fagan referencia á festividade dos Reis Magos, en cartolina tamaño folio A-4.

A lingua que empregarase será o galego.

Farase entrega dos seguintes premios:
Un premio aproximado de: 36,00 euros ao cartel seleccionado polo Xurado, en cada unha das  aulas.
Tres premios aproximado de 12,00 euros aos tres carteis elixidos ao chou, en cada unha das aulas.

Os premios consistirán nun vale polos importes citados, que se poderá cambiar por libros, xogos didácticos e/ ou material escolar, en calquera establecemento comercial do municipio de Cambre. O vale caducará aproximadamente o 31 de marzo de cada ano.
A entrega dos premios aos autores dos carteis seleccionadas, así como o sorteo público nas aulas, farase en cada centro escolar.

Formarán o xurado os concelleiros de Educación, de Cultura e un funcionario do Concello.

Os debuxos seleccionados quedarán en poder do Concello de Cambre, e un deles servirá como cartel anunciador do Concello da vindeira cabalgata dos Reis Magos.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal