Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Concellería de Educación. Programas.

Programa Educar xogando.

¿Que é?
Programa de orientación en materia educativa para pais/ nais ou titores de rapaces en idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. Durante o curso escolar realízanse reunións quincenais en la Barcala. A estas reunións acudan os pais, nais ou titores con os rapaces.

Dirixido a:
Pais, nais ou titores de nenos de 0 a 3 anos do Concello de Cambre.

Contido:
Reunións quincenais cun grupo de adultos (nais/pais ou titores) acompañados do neno ou nena Están dirixidos por unha orientadora, onde fanse novas actividades, xogos, contos, cancións...e tamén se fala de temas de interese que os propios pais  e nais propoñen como por exemplo: os celos, rabechas, o chupete, problemas co sono ou alimentación..

¿Onde se tramita?
No rexistro municipal ou casa das Palmeiras

Documentación a aportar
Impreso da solicitude.

Prezo
Gratuíto

Prazo de presentación
Prazo inicial no mes de setembro.
Prazo aberto durante todo o curso escolar, sempre e cando existan prazas baleiras.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal