Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Concellería de Educación. Programas.

Programa de actividades extraescolares.

Ademáis de xestionar as competencias municipais de mantemento dos centros o concello leva a cabo,  dende hai anos,  o programa de actividades extraescolares nas instalacións municipais. Para a elaboración do programa o concello fai xuntanzas anuais coas ANPA de cada un dos centros para coordinar os días e horas en que se van a realizar as distintas actividades e manter a sinatura do convenio que o Concello de Cambre te coas ANPAs dos CEIPs para a xestión das actividades extraescolares no seu centro e financiar o material e transporte dos participantes en tales actividades.

¿Que é?
Programa de actividades culturais e deportivas complementarias á educación reglada que se realizan nas instalacións municipais logo do  horario escolar. A duración é de outubro a maio de cada curso escolar e está ofertado a todos os rapaces  de idades comprendidas entre os 3 e 18 anos, empadroados ou non no Concello de Cambre.

¿Quen pode solicitalo?
Pais, nais ou titores dos rapaces de idades  comprendidas entre os 3 e 18 anos.
Se hai prazas baleiras  poden  asistir rapaces doutros municipios.

Prazo de presentación.
No mes de setembro ábrese o prazo de inscrición e se a actividade dispón de prazas baleiras pódense apuntar durante todo o curso.

Información.
En relación coa actividade.
As actividades comezarán aproximadamente a principios de outubro, sempre que os grupos estean completos.
En relación coa inscrición.
A preinscrición faranse nas oficinas do Concello o na Casa das Palmeiras.
En relación coa cota.
A cota e beneficios fiscais son os establecidos no acordo regulador vixente.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal