Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Concellería de Educación. Programas.

Programa "Mañanceiro".

¿Que é?
É un programa de proteción, vixianza e almorzo dos escolares nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.
Este servizo préstase a primeira hora da mañá, antes do comezo das clases.

Condicións do programa
O Mañanceiro comeza en setembro(o primeiro día da clase) e rematará en xuño(o último día de clase). Será de luns a venres segundo o calendario escolar e dende as 7:30 h ata o comezo das clases, que varía según o centro escolar.
Haberá monitores especializados que farán actividades de tempo de lecer co alumnado. Ademais, se o solicitan, serviráselles o almorzo.
O participante poderá solicitar o servizo para todo o curso en mes completo, ou días soltos. Tamén por meses ou días soltos (puntuais). Terá preferencia o participante que o solicite para todo o curso en mes completo.
Para poñelo en marcha terá que haber un mínimo de 15  persoas inscritas por centro, que solicite o programa para todo o curso escolar.

Dirixido a:
Escolares de Educación Infantil dos centros de Cambre.
Escolares de Euducación Primaria dos centros de Cambre.

Requisitos:
Estar empadroado no Concello de Cambre.(As persoas non empadroadas poderán asistir se hai prazas baleiras)
Estar matriculados nun centro escolar de Educación Infantil e Primaria do Concello de Cambre.

Reducións:
Redución dun 30%, en función da situación familiar (familia numerosa, familia monoparental), e tamén con base nos ingresos económicos (renta per capita familiar). Esta redución faise con base na baremación contemplada na ordenanza reguladora do programa.
Redución dun 50 % no caso de familia numerosa.
Redución dun 100% da cota aos escolares que acheguen informe remitido polos Servizos Sociais do Concello de Cambre.
En calquera caso as reducións non son acumulables.

Prazo de inscrición:
Ábrese o prazo de presentación das solicitudes aproximadamente do: 15 de xuño ao 15 de xullo.
Se quedan  prazas baleiras  poderán apuntarse ao longo do curso.

Prezo:
Dependendo do centro escolar.

Documentación a presentar:
Solicitude (onde se especifica o resto de documentación a presentar)

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal