Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Servizos Sociais

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación de Cambre e previr a desigualdade dos cidadáns. A través deles favorecemos a participación, o libre desenvolvemento das persoas, a prevención e/ou atención inmediata ante situacións de necesidade, promovendo o desenvolvemento comunitario.

Como Concelleira de Igualdade, Benestar social, Sanidade e educación,  quero ofrecer desde esta área un amplo abanico de iniciativas co obxecto de mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas de Cambre e axudar aos que máis o necesitan.

Para conseguilo, a través do equipo técnico e humano que me apoia, queremos chegar a toda a poboación de Cambre, así como a todos os colectivos (maiores, novos, infancia, familia, mulleres, minorías étnicas, inmigrantes..) e persoas que pasan polo centro de servizos sociais, ofrecendo programas, actividades e accións que garantan unha calidade de vida sen excepción a todos os veciños e veciñas de Cambre e sobre todo chegar ás parroquias máis afastadas para que teñan igualdade de oportunidades á hora de acceder ás prestacións que se ofrecen desde esta Concellaría.

 Concelliro:

Juán Evaristo Rodríguez Vázquez

juanerodriguez@cambre.org

 

 

 

  

Contactar:
Río Barcés 6 (A Barcala) Cambre
Tlf: 981 654 812
Fax: 981 654 813
ser_sociales@cambre.org  

Atención ao público:
Inverno de 8:30 a 14 h.

Centro Municipal de Servizos Sociais

O Centro Municipal de Servizos Sociais, é un órgano central integrado por recursos humanos, técnicos, financeiros e materiais, onde se xestionan e coordinan os diferentes programas que levan a cabo.

Unidades de Trabajo Social (UTS)

Para a prestación dos servizos sociais de forma descentralizada no Concello, creáronse as UTS ou Unidades de Traballo Social por zonas. Son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais.

Ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.

Nelas valóranse as necesidades , tras unha valoración profesional, enfocando cara aos recursos máis idóneos en cada caso, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan co fin de garantir unha atención persoal, familiar, laboral  e social de calidade.

Concretamente ofrécese:
Información, orientación e valoración sobre os dereitos, recursos e intervencións sociais que lles poidan corresponder.
 Proporcionar o Servizo de Axuda no Fogar, prestacións económicas e de emerxencia social, comedor como unha seda, teleasistencia domiciliaria e demais que se desenvolvan en servizos sociais
 Realízanse actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación , intervindo para conseguir a integracion social.
 Horario de atención das traballadoras sociais:
- UTS 1 (O Amorne): Martes, mércores e venres de 8:30 a 11.50 horas.
- UTS 2 (o resto de parroquias): Martes, mércores e venres de 8:30 a 11:50 H

Equipo Técnico

Concelleira de Igualdade, Benestar social, Sanidade e Educación

Coordinadora de servizos sociais

2 educadores sociais

3 traballadoras sociais

2 auxiliares administrativas

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal