Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Convenios

Convenio APEM: anualmente asínase un convenio coa Asociación Prol Enfermos Mentais por importe de 3.000,00 euros co obxecto de prestar a atención necesaria aos veciños e veciñas de Cambre con enfermidades mentais, físicas e/ou sensoriais a través dos medios e persoal do que dispoña APEM, facilitando a incorporación nos talleres que se desenvolvan desde a mesma onde se adestra aos usuarios en diferentes técnicas: encadernación, enmarcado de cadros, cestaría, xardinaría, cerámica, manualidades, costura, coiro,...

Convenio ARELA: colaborar na prestación da atención necesaria aos veciños de Cambre con discapacidade e aos seus familiares, a través dos medios e persoal dos que dispoña ARELA (Asociación de Persoas con Discapacidade e Familiares de Cambre), e facilitando a incorporación aos servizos e actividades de lecer que se desenvolvan.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal