Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Renta de Integración Social de Galicia (RISGA)

É  unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen non os teñan, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións para a mellora da integración persoal, familiar, social e laboral da persoa beneficiaria.

Requisitos de acceso:

    Estar empadroado/a e ter residencia efectiva nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos durante un ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude.
    Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada economicamente á persoa solicitante.
    Ter unha idade comprendida entre os 25 e 65 anos.

Documentación:

    Modelo de Solicitude
    Copia cotexada do DNI do  solicitante e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia.
    Copia do libro de familia,
    Copia cotexada do Recibo do Imposto sobre Bens Inmobles da vivenda propia
    Copia cotexada do certificado de Minusvalía 
    Acreditación de ingresos de toda a unidade familiar (IRPF, nómina, etc)

Documentación mínima que deberá achegar o concello:

  •     Certificacións de empadroamento do solicitante durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude
  •     Certificado de convivencia
  •     Certificado de titularidade de vehículos de tracción mecánica inscritos no correspondente padrón respecto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.
  •     Informe Social
  •     Proposta de proxecto de inserción
  •     Proposta de resolución: Concesión ou Denegación

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal