Inicio » O noso Concello » Corporación Municipal » Áreas de Goberno » Área de desenvolvemento socioeconómico

Área de desenvolvemento socioeconómico

– Xestión dos plans de formación, emprego, programas e proxectos de cooperación con organismos públicos que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver a teor do establecido na Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, no Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administrativa Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de febreiro de 2015 e no artigo 7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

– Relacións cos axentes sociais, emprendemento e potenciación da vida económica local, fixación de obxectivos e desenvolvemento de proxectos para a promoción das actividades económicas do concello que se veñen desenvolvendo ou se poidan desenvolver a teor do establecido na Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, no Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administrativa Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de febreiro de 2015 e no artigo 7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

– Xestión das políticas municipais en materia de feiras, mercados, comercio e relacións coas asociacións de empresarios e comerciantes.

– Xestión das políticas municipais en materia de promoción da actividade turística de interese e ámbito municipal.