Inicio » O noso Concello » Publicacións / Ordenanzas » Plenos Municipais

Plenos Municipais

Dende aquí pode seguir en directo o Pleno da Corporación Municipal de Cambre.
A emisión en streaming estará dispoñible a partir das 19:55 h nas xornadas de Pleno.

Para acceder as actas de plenos anteriores, poñemos a súa disposición o noso arquivo de Plenos Municipais.



Data: Xoves, 28 de marzo de 2019

Hora: 20:00 horas

Lugar:
Salón de sesións da casa do concello

Orde do día: 

  1. Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 28 de marzo de 2019 e á sesión extraordinaria do día 1 de abril de 2019
  2. Parte resolutiva
      1. Designación dunha vía ou praza do municipio co nome de “Rafael Bárez Vázquez”
      2. Designación dunha vía ou praza do municipio co nome de “Luciano Costa García” e doutra co nome de “José Pérez Ferreño”
      3. Designación do salón de actos do novo edificio destinado a espazo cultural no centro de Cambre co nome de “Xosé Manuel Seivane Rivas”
      4. Designación do ximnasio do CEIP Wenceslao Fernández Flórez co nome de “Oliver Díaz Docando”
      5. Toma de coñecemento do informe da Intervención municipal emitido en cumprimento do disposto no artigo 218 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
      6. Proposta de aprobación do expediente de suplemento de crédito número 1/2019
      7. Proposta de aprobación do proxecto “Renovación do emisario da rede de saneamento do polígono industrial do Espíritu Santo, tramo A Marisqueira”
      8. Proposta de inclusión de diversos camiños no Inventario de bens e dereitos do Concello de Cambre
      9. Aprobación inicial da modificación da ficha de Relación de Postos de Traballo correspondente ao posto de Xefe da Sección de Planeamento e Xestión
      10. Designación de representante municipal na Comisión de Escolarización, curso 2019-2020
      11. Aprobación, se procede, da prórroga do contrato para a concesión da explotación do complexo deportivo da Barcala e piscinas descubertas no Balado e O Temple
      12. Mocións urxentes en asuntos de competencia de pleno segundo o artigo 22 da Lei 7/1985, que non figuren na orde do día
  3. Parte declarativa
      1. Declaracións institucionais
      2. Mocións dos grupos municipais
  4. Parte de información, control e fiscalización
      1. Informes do equipo de goberno
      2. Rogos
      3. Preguntas