O Pleno municipal, en sesión ordinaria do día 31 de xaneiro de 2019, aprobou, con carácter inicial, as bases da convocatoria e orzamento do Concurso de disfraces, comparsas e carrozas do Entroido en Cambre 2019, que se transcriben a continuación:

 

BASES DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DISFRACES, COMPARSAS E CARROZAS DO ENTROIDO EN CAMBRE 2019

A finalidade deste concurso é estimular e fomentar a participación veciñal nunha festa popular e tradicional como o Entroido.