O vindeiro luns 5 de marzo comeza o prazo de inscrición para o 3º taller das novas tendencias no fitness denominado Saúde lumbar. Prevención e exercicio correctivo.

O prazo vai do 5 ao 16 de marzo e deberá facerse en calquera dos tres rexistros municipais no seu horario habitual.

O taller desenvolverase o sábado 24 de marzo en horario de 18:00 a 20:00 horas no Complexo Deportivo Municipal A Barcala.

A actividade é gratuita, está aberta a persoas maiores de 16 anos e contará cun mínimo de 6 prazas e un máximo de 15.

 


Documentos: