O programa das Escolas de actividade física e saúde para o ano 2018 comeza este vindeiro día 11 de decembro o seu prazo de preinscrición, a cal se poderá facer en calquera dos rexistros municipais no seu horario habitural.

Este programa ten como obxectivo fomentar a actividade deportiva de tódalas persoas, desde as crianzas ata a terceira idade, con actividades como tenis, ximnasia de mantemento, equitación, judo, ioga, pilates ou taichi.

Este ano introdúcense unhas novas actividades , << novas tendencias do fitness >>, que, en palabras do concelleiro de deporte Brais Cubeiro, “ son actividades complementarias ás xa existentes. O que buscamos é adaptarmos aos novos tempos e ás novas tendencias que existen na práctica deportiva, como pode ser o caso da calistenia ou do hiit. Esta actividade é de carácter gratuíto para que así teña cabida toda persoa maior de 16 anos, independentemente dos seus recursos económicos, que se queira achegar a estas novas modalidades”.

Estas actividades contarán cuns prazos e uns formularios específicos de inscrición.


 

Documentos:

Actualizacións:


 

NOVAS TENDENCIAS DO FITNESS

Taller 1: Hipopresivos: A Revolucion do fitness.

Taller 2: Calistenia: Fundamentos e rutinas básicas. Ponte en forma sen material.

Taller 3: Saúde lumbar. Prevención e exercicio correctivo.

Taller 4: Deporte e muller, adestramento específico.

Taller 5: Saúde lumbar. Prevención e exercicio correctivo.

Taller 6: Coma ser un runner e non lesionarse no intento.