O xoves iníciase a II edición do Temple Jazz Festival coa actuación “Soul e Literatura”, de Iria Mejuto, ás 19.30 h na Biblioteca Os Templarios.

Esta actuación servirá de preámbulo ao pasacalle “A danza dos paxaros”, da Compañía de Teatro Paporrubio, no Paseo Marítimo do Temple.

Ademais, o venres 6 ás 19.30 h proxectarase a película Canto máis, mellor! e o sábado 7, ás 11.00 h, o trompetista Matthew Lee Simon impartirá unha Master class trumpet na Casa da Cultura.

O resto das actuacións musicais terán lugar no Parque Ramón Barba e son as seguintes:

  • Sumrrá. Venres 6, ás 22.30 h.
  • Nani García Trío con Matthew Lee Simon. Sábado 7, ás 22.30 h
  • Marian Ledesma. Domingo 8, ás 13.00 h
  • Garufa Blue Devils Big Band. Domingo 8, ás 22.30 h