Folleto informativo

Chega Noutrora 2019, a feira de época que viaxa no tempo para rescatar e poñer en valor o mellor da historia de Cambre, 9 días de actividades para grandes e pequenas, que este ano veñen cargados de novidades, entre as que destaca o regreso dunha noria á nosa vila logo de décadas de ausencia e un treneciño turístico para descubrir o Cambre dos anos felices.

As orquestras máis clásicas cun repertorio especialmente seleccionado e unha posta en escea de nivel: Compostela, Trovadores, Satélites e Pili Pampín.

Espectáculos para crianzas como Fredi Muiño, Román García, Caxoto, Pirilampo, Mamá Cabra ou o mellor cine infantíl xunto con obradoiros musicais… daránlle forma a un festival que este ano estrea a ampliación do Parque da Igrexa, a zona coñecida como Horta do Cura, onde se instalará unha carpa para os momentos de chuvia.

E por suposto, todo coa participación do tecido asociativo de Cambre. Esta Semana Santa, non saias fora, buscar o que podes atopar en Cambre: Noutrora 2019 xa está aqui!