FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Gustaríache participar activamente na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (cuxas siglas son PXOM) de Cambre? Pois non o penses máis e inscríbete!

Se queres formar parte activa no deseño  urbanístico, ambiental e socioeconómico de Cambre, asistindo aos encontros participativos e de debate ou se queres ter información actualizada de como se están a levar os traballos de tramitación do PXOM, só tes que cumprimentar o seguinte formulario cos teus datos e poñerémonos en contacto contigo para avisarte persoalmente das datas e localizacións de cada un dos encontros que se celebren.


 

INSCRÍBETE E PARTICIPA NO DESEÑO DO FUTURO DE CAMBRE.