¿Que é o Programa Mañanceiro?

É un programa de protección, vixilancia e almorzo dos escolares nos centros de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre, a primeira hora da mañá, antes do comezo das clases.

Dirixido ao alumnado dos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

Requisitos: Estar empadroado no Concello de Cambre.
Estar matriculados nun centro escolar de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

 


Admitidos:

Comunicamos que están admitidas todas as solicitudes presentadas en prazo para participar no Programa “Mañanceiro” para o vindeiro curso escolar 2018/19, segundo os servizos solicitados por cada unha.

Arquivos:

 

 


Inscrición:

Prazo de inscrición: Do 15 de xuño ao 16 de xullo de 2018. Se hai prazas baleiras pódese solicitar praza ao longo de todo o curso.

Lugar de presentación de solicitudes: Presentar o formulario de solicitude do Programa Mañanceiro en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre (situados na Casa do Concello, na Casa das Palmeiras ou nas oficinas municipais da rúa Río Barcés nº 8,  A Barcala). O formulario poderá descargarse da páxina web municipal ou recollerse nas oficinas de Educación ou en calquera dos rexistros municipais.

Arquivos: