Que é o Tarxetom?

É o carné da OMIX, dirixido á mocidade de Cambre de 7 a 30 anos, co que podes obter diferentes beneficios e descontos en actividades.

Para quen?

  • Mocidade empadroada en Cambre, de 7 a 30 anos.
  • É preciso ter DNI en vigor e inscribirse no FIPAX.

O Tarxetom…

  • é persoal e intransferible
  • ten validez de dous anos
  • custa 12 euros

Que beneficios me aporta?

  • 50% de desconto nas actividades do Departamento de Xuventude
  • 20% de desconto no resto de actividades municipais
  • Facilita as inscricións nos programas xuvenís.