Boletín de adhesión á campaña:

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Segundo un recente informe da ONU as violencias machistas convertéronse na principal causa de morte das mulleres, de entre 15 e 44 anos, no mundo, e diversos estudos amosan que aproximadamente un 70 % das mulleres experimentaron violencia física e/ou sexual por parte dun compañeiro sentimental durante a súa vida. Só en España, desde o 2003 (ano en que se empezan a recoller cifras oficialmente), ata o 10 de xuño de 2019, foron asasinadas 1000 mulleres. Só nos dous primeiros meses do 2019 foron asasinadas 9 mulleres en España

Dende a Concellería de Benestar Social do Concello de Cambre consideramos que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso, animamos ao sector do comercio e a todos os axentes sociais do noso municipio a implicarse na conmemoracion do 25 de novembro.

“Cambre en negro”.

Propomosvos vestir de loito o noso municipio, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Cambre, e sodes o gran escaparte que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Cambre libre de violencias machistas! 

Do 18 ao 25 de novembro, viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, etc. de negro, viste os manequins, os manteis do teu restaurante, ou a ti mesmo/a de negro, nos facilitaremosche material e información que tamén compartiremos nas redes sociais.

Esta campana desenvolverase conxuntamente con máis dun centenar de vilas e cidades galegas baixo o lema En Negro Contra As Violencias co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de toda a cidadanía.

Se queres participar só tes que chamar ao numero de teléfono 981654812, cubrir o formulario existente na páxina web ou enviar un correo electrónico a igualdade@cambre.org cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e telefono) antes do 11 de novembro de 2019: deseguida contactaremos contigo.

Agardamos contar coa túa participación, recibe un cordial saúdo.