Concurso

II Concurso de Graffiti.

A Concellería de Xuventude, Turismo e Patrimonio do Concello de Cambre organiza o “II Concurso de Graffiti Cromatico Mural Fest dentro do Programa MoceArte 2018”, co fin de fomentar entre a mocidade, especialmente os nosos veciños mais novos un aproveitamento máis racional do lecer e do tempo libre, apoiar aos mozos creadores, así como o acceso da xuventude ás realizacións artísticas e a formación dos hábitos de consumo cultural, á vez que promover mediante a súa difusión os novos valores no terreo das artes plásticas.


 

Master Class

Sekone, realismo con aerosol

DATA DA ACTIVIDADE: Do xoves 28 ó venres 29 de Xuño de 2018
LUGAR: parque da Igrexa. Cambre
DATA INSCRICIÓN: Do luns 21 de Maio ó martes 12 de Xuño de 2018