Cartel da Campaña

PROGRAMACIÓN DE NADAL DA ADL

  • “RASCA E GAÑA”, nos comercios do municipio de Cambre.

Espérase a participación duns 160 establecementos de todo o municipio, de agasallo, alimentación e perruquería e estética.

Pemios:

  • 30 bonos de 100 euros; 120 bonos de 20 euros; 200 bonos de 10 euros, 450 bonos de 5 euros, 800 bonos de 3 euros de premio cada un para a realización de compras nos establecementos comerciais participantes nesta acción de dinamización comercial, antes do 06 de xaneiro de 2018.
  • 1 bonos cun premio de 500 euros e 2 de 250€ , para compras nos establecementos comerciais participantes nesta acción de dinamización comercial, durante o mes de febreiro de 2018.

13.050 euros en premios, que repercutirán directamente no comercio de Cambre.

  • ANIMACIÓN DE RÚA: a través da instalación de fío musical polas principais rúas comerciais do Temple.
  • DECORACIÓN DE NADAL: no Parque Ramón Barba do Temple e na Barcala.
  • ACTUACIÓN DE DINAMIZACIÓN DE NADAL: relacionadas no cartel anexo.

Comezaremos na Feira do Temple do día 8, cun dobre obxectivo:

  1. Dar a coñecer a Feira entre os vecinos e visitantes.
  2. Difusión efectiva da campaña a través dos dípticos e a pegada de carteis.

Do mesmo xeito, na Feira de Cambre do día 17, faremos outra actuación de dinamización acompañada do reparto de dípticos informativos.


 

Documentos: