Vive o Entroido!

Un ano máis a celebración da festividade con maior tradición e maior arraigo de Cambre, chega a nosas vidas.

Cada ano que pasa sentímonos máis orgullosos e orgullosas do noso Entroido, varios son os motivos: polo enxeño e orixinalidade das máscaras e disfraces amosados durante os 10 días de Entroido de Cambre, a forte implicación do tecido asociativo, xa que organiza eventos festivos para a veciñanza ou participa facendo do Entroido pequeno unha festividade de referencia a nivel autonómico, e porque matemos entre todos e todas unha festividade ancestral ao longo do tempo, como o Entroido pequeno e o Enterro da Sardiña, onde os cambreses e cambresas amosan o seu pesar, conscientes de que as festas remataron, celebrando un velorio tal e como se celebraba antiguamente.

Este ano, coincidindo da Feira do día 2, celebramos a chegada do Entroido, exhibindo o meco, que presidirá a balconada da Casa Consistorial ata o día do Enterro da Sardiña. Esperamos que viñades a facer as vosas compras ataviados e ataviadas como esixe a ocasión.

Esa mesma tarde recuperaremos outra das tradicións coa intención que as crianzas poidan ser transmisoras do xeito de divertirse os seus maiores ás xeracións futuras: “ Correr o Entroido” ou dito doutro xeito recuperar a figura do choqueiro que vai a pedir doces e cartos polas casa das aldeas.


O entroido pequeno máis grande do mundo.

Folleto informativo

INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • LUGAR DE CONCENTRACIÓN DAS CARROZAS E COMPARSAS: Rúa Wenceslao Fernández Flórez ás 16:00h.
  • LUGAR DE INCRICIÓN DOS PARTICIPANTES NA CATEGORÍA DE DISFRACES: Campo da Feira a partir das 16:00h.
  • INICIO DO DESFILE E PERCORRIDO: As 16:30h. Comeza na Rúa Wenceslao Fernández Flórez- Graduil (Cela) e finaliza no Campo da Feira.
  • HORA ESTIMADA DE FINALIZACIÓN: 18:30h.
  • Recoméndase evitar o Centro de Cambre durante o desfile, agás sexa estrictamente necesario e que se tomen camiños alternativos. Os vehículos procedentes da Estada Cecebre-Pravio serán desviados pola Rua Miguel González Garcés.
  • APARCAMENTOS ALTERNATIVOS: Zona do Centro de Saúdo e Campo de Futbol Dani Mallo.
  • APARDADOIRO PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA: Rúa Cruceiro S/N (a rúa situada entre a administración de lotaría e Abanca).
  • WC: Campo da Feira e Feira pequena.