O programa das Escolas de actividade física e saúde para o ano 2018 comeza este vindeiro día 11 de decembro o seu prazo de preinscrición, a cal se poderá facer en calquera dos rexistros municipais no seu horario habitural.
Este programa ten como obxectivo fomentar a actividade deportiva de tódalas persoas, desde as crianzas ata a terceira idade, con actividades como tenis, ximnasia de mantemento, equitación, judo, ioga, pilates ou taichi.
Este ano introdúcense unhas novas actividades , << novas tendencias do fitness >>, que, en palabras do concelleiro de deporte Brais Cubeiro, “ son actividades complementarias ás xa existentes. O que buscamos é adaptarmos aos novos tempos e ás novas tendencias que existen na práctica deportiva, como pode ser o caso da calistenia ou do hiit. Esta actividade é de carácter gratuíto para que así teña cabida toda persoa maior de 16 anos, independentemente dos seus recursos económicos, que se queira achegar a estas novas modalidades”.
Estas actividades contarán cuns prazos e uns formularios específicos de inscrición.
Documentos:
Actualizacións:
NOVAS TENDENCIAS DO FITNESS
Taller 1: Hipopresivos: A Revolucion do fitness.
- Ficha de preinscrición Hipopresivos.
- Resultado do sorteo taller 1: Hipopresivos: A Revolucion do fitness.
Taller 2: Calistenia: Fundamentos e rutinas básicas. Ponte en forma sen material.
- Ficha de preinscrición Calistenia.
- Resultado do sorteo taller 2: Calistenia: Fundamentos e rutinas básicas. Ponte en forma sen material.
Taller 3: Saúde lumbar. Prevención e exercicio correctivo.
- Ficha de preinscrición Saúde lumbar.
- Resultado do sorteo taller 3: Saúde lumbar. Prevención e exercicio correctivo.
Taller 4: Deporte e muller, adestramento específico.
Taller 5: Saúde lumbar. Prevención e exercicio correctivo.