PARTICIPACIÓN CIDADÁ NO PXOM DE CAMBRE

O Concello de Cambre buscou que, máis aló das consideracións de carácter técnico, o PXOM reflectise a vontade da cidadanía en relación ao futuro do noso municipio. Precisamente por iso, resultou absolutamente necesaria a implicación activa da sociedade de Cambre. Para descubrir e dar resposta ás necesidades colectivas, a elaboración e tramitación do PXOM incluíu un proceso de diálogo, debate e intercambio de opinións entre as distintas entidades e cidadáns que conforman o tecido social e económico do municipio.

A idea dun proceso participativo destas características, xurdiu a partir da constatación das seguintes necesidades básicas:

  • Dar a coñecer, informar e explicar ao conxunto da cidadanía, en que consiste un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para quese vai a utilizar, e cales son as súas funcións, sempredun xeito claro e sinxelo.
  • Facer partícipe ao conxunto da veciñanza de Cambre na elaboración deste documento que marcará as pautas do futuro do municipio.

Deste xeito, e englobadas baixo a denominación de PXOM de Cambre, solicitouse a cidadanía a súa implicación e participación para que a elaboración fora conxunta, proporcionando información e criterios para a análise.