DESEÑANDO O PXOM DE CAMBRE

Que é un PXOM?

Un Plan Xeral de Ordenación Municipal,que de xeito abreviado denomínase coas siglas PXOM,é un documento normativo e de ámbito municipal, que funciona como un instrumento básico de ordenación e planificación integral do territorio dun concello, é dicir, que formula un proxecto de futuro para o municipio, no noso caso, “o Cambre que desexamos para o futuro”.

O PXOM por tanto, emprégase para deseñar as liñas básicas de desenvolvemento socioeconómico e medioambiental dun municipio, clasificando o solo (urbano, de núcleo rural, urbanizable e rústico) e os seus usos (residencial, industrial, agropecuario, etc.), así como delimitando as redes viarias e de abastecementos (auga, enerxía, telecomunicacións, etc.), os equipamentos e servizos comunitarios (educativos, culturais, deportivos, sociais, etc.), a regulación en edificios e as futuras actuacións (licencias de parcelación, de obra, etc.), os ámbitos de valor ambiental que deben protexerse, e por suposto, as zonas verdes e de ocio (parques, xardíns, prazas, etc.).

Todos os Plans Xerais de Ordenación Municipal teñen que estar adaptados a lei autonómica en vigor, que no caso de Galicia é a Lei do Solo2/2016. Unha vez aprobado o PXOM, dado que é un documento normativo e regulador, é de obrigado cumprimento tanto para particulares como para outras administracións.

Situación de partida en Cambre

Na actualidade, Cambre conta cun planeamento vixente que son as Normas Subsidiarias de Planeamento (cuxas siglas son NSP), aprobadas hai 25 anos  (no ano 1993).  Polo tanto, é obvio, a necesidade de redacción dun novo documento de planeamento urbanístico que se adapte ao contexto actual, aos novos retos por encarar, así como novas demandas e necesidades colectivas ás que dar solucións.

No caso do concello de Cambre, estamos a traballar desde setembro de 2018, sobre un documento no que se debuxa o modelo que desexamos para o futuro, en termos de vivenda, mobilidade (peonil, ciclista, transporte público, etc.), rede viaria, usos do solo, redes de equipamentos e subministros, actividades económicas, espazos libres e zonas verdes, etc. Tendo presente en todo momento e priorizando, dun modo especial, valores tan necesarios como a sostenibilidade ambiental, a cohesión social, a calidade de vida e a harmonía coa contorna, principalmente nas relacións cos municipios da Área Urbana da Coruña.

Neste senso, a redacción e tramitación dun PXOM para Cambre, xurde como unha tarefa imprescindible e quepor mediodun Proceso de Participación Pública, garantirá o desenvolvemento territorial futuro adaptado ás necesidades reais do conxunto da cidadanía cambresa.

Fases para a aprobación do PXOM

A elaboración e tramitación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal constitúe un proceso de profundo calado político, técnico e cidadán, requirindo unha ampla coordinación político-administrativa nas4 fases diferenciadas nas que se divide a súa tramitación. A continuación detállanse as 4 fases.

1ª FASE: Borrador do Plan e Documento Inicial Estratéxico

A primeira fase de elaboración do PXOM é na que se realiza unha diagnose do conxunto municipal e trabállase na definición das liñas estratéxicas e o modelo de desenvolvemento social, económico e medioambiental que se propón. Esta fase componse de 2 documentos: o Borrador de Plan e o Documento Inicial Estratéxico.4

Unha vez presentados estes 2 documentos á Xunta de Galicia -xunto co inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica-, sométense á consultas das administración públicas con competencias en materia de urbanismo e afectadas, así como das persoas interesadas.

A continuación o Concello recibe por parte da Xunta de Galicia, o Documento de Alcance do Estudo Ambiental Estratéxico (o que pode entenderse como a folla de ruta de elaboración do PXOM), e comezan os traballos de redacción da segunda fase: o documento completo do Plan para a súa Aprobación Inicial.

2ª FASE: Estudo Ambiental Estratéxico e do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa Aprobación Inicial

Nesta fase o Concello elaborará o Estudo Ambiental Estratéxico atendendo a todos os informes das administración públicas en materias de estradas do Estado, de ferrocarril, de servidumes aeronáuticas e acústicas e de costas, así como a versión inicial do Plan Xeral.

Unha vez redactados os documentos, e logo dos informes técnicos e xurídicos municipais,  procederase a súa Aprobación Inicial en pleno municipal e someterase a información e exposición públicadurante dous meses para a súa consulta pola cidadanía interesada. Así mesmo, trasladarase a documentación ao órgano competente en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, que se encargará de realizar as consultas previstas no Documento de Alcance do Estudo Ambiental Estratéxico, así comode dar audiencia aos municipios limítrofes.

3ª FASE: Aprobación provisional

Unha vez rematado o período de exposición pública realizarase o informe correspondente sobre as consultas e alegacións recibidas, así como os cambios que deles deriven na documentación do PXOM e o Estudo Ambiental Estratéxico.

A documentación completa, incluíndo as adaptacións que sexan precisofacer, remitirase ao órgano ambiental da Xunta de Galicia, que formulará a Declaración Ambiental Estratéxica para ser publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Logo  do informe dos  servizos  xurídicos e técnicos  municipais respecto da  integridade documental  do expediente, e de cara á súa aprobación definitiva por parte do Concello, remitirase o expediente completo ao órgano competente en materia de urbanismo da Xunta de Galicia, de cara á súa Aprobación Definitiva, si é o caso.

4ª FASE: Aprobación definitiva

O PXOM entenderase aprobado definitivamente se transcorren tres meses desde a entrada do expedienteno rexistro do órgano competente da Xunta de Galicia, sempre que o Plan Xeral conteña os documentos e determinacións preceptivos.

Equipo redactor

O persoal técnico que compón o equipo redactor do PXOM de Cambre forma parte da empresa OFICINA DE PLANEAMIENTO S.A., é está formado por as seguintes persoas:

  • Alfonso Díaz Revilla. Arquitecto. Director do Plan
  • Ánxel Viña Carregal. Economista
  • Mª Dolores Gómez Míguez Arquitecta
  • María Calvo LLano. Arquitecta
  • María Viña Segura. Arquitecta
  • Roberto Folgueral Arias. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos.
  • Miguel Díaz Varela Biólogo

Así mesmo é responsable da redacción do PXOM aadministración local de Cambre como promotora, impulsora e coordinadora de todos os traballos.