Curso escolar 2017/2018.

Protección, vixilancia e almorzo nos centros escolares do municipio de Cambre.

O departamento de Educación do Concello de Cambre xestiona o Programa Mañanceiro programa de protección, vixiancia e almorzo dos escolares matriculados nos centros de educación infantil e primaria de Cambre. Por medio deste programa os participantes poden entrar no seu colexio a partires das 7:30 horas e ata o comezo da xornada escolar, onde se o solicita poderá almorzar e realizará actividades de tiempo libre relacionadas cos hábitos saudables.

Dirixido a:
Alumnado dos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

Requisitos:
Esar empadroado no Concello de Cambre.
Estar matriculados nun centro escolar de Educación
Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

Prazo de inscrición:
Do 15 de xuño ao 17 de xullo de 2017. Se hai prazas baleiras pódese solicitar praza ao longo de todo o curso.

Para maior información chamar ao núm. tf: 981 613 291 ou enviar un correo a:educacion@cambre.org

O mínimo de solicitantes para que o programa se poña en marcha é de 6 nos CEIP de Brexo-Lema e Sigrás e 13 nos de Cambre, Graxal e Portofaro.
O programa comeza co primeiro día de comezo do curso escolar e remata o último día.
O que esté interesado en solicitar praza deberá presentar en calquera dos rexistros de entrada municipais o impreso de solicitude cuberto cos datos persoais que recollerá no mesmo lugar.

Arquivos: