A partires do martes 9 os folletos estarán ao teu dispor nos Rexistros Municipais, na Casa da Cultura, nas Bibliotecas e na Concellaría de Cultura. Pero polo de pronto xa podes consultalos online para ir seleccionando as túas preferencias.

INSCRICIÓN

Do 10 ao 22 de xaneiro de 2018. Presentar a solicitude de participación debidamente cuberta en calquera dos rexistros de entrada municipais: Casa do Concello, Casa das Palmeiras e oficinas municipais da Barcala ou no rexistro telemático da páxina web municipal www.cambre.gal.

SORTEO PÚBLICO

Terá lugar o 26 de xaneiro, ás 12:00 h nas Oficinas de Cultura, se é preciso. Pode consultarse a lista de admitidos na web municipal ou no teléfono: 981 613193 do Servizo de Cultura, a partir do día 30 de xaneiro.

DATA DE INICIO DAS ACTIVIDADES

Na semana do 5 ao 10 de febreiro de 2018.


Documentos:


 

Actualización:

No caso de baixas, as vacantes serán cubertas na orde establecida na listaxe de agarda de cada grupo, o que se comunicará aos interesados.
Nas actividades nas que non se acadou o número mínimo de participantes, así como nas que todavía quedan prazas vacantes, a inscrición queda aberta ata a data de inicio prevista. De acadarse ese número mínimo se avisaría aos inscritos do comezo da actividade.
Máis información: 981 613 193 – Área de Cultura, Deportes e Mobilidade