CURSO ESCOLAR 2017 – 2018

A concellería de Educación é a responsable de xestionar as competencias educativas municipais.

Ademais de cumprir coas súas competencias un dos seus obxectivos é a de ofrecer aos veciños e veciñas de Cambre programas de actividades (educativas e de conciliación da vida laboral e familiar) que contribúen a unha mellora da formación dos nosos escolares.

Por iso, neste folleto presentamos os programas de actividades de conciliación e educación que se van levar a cabo dende a concellería de Educación para o vindeiro curso escolar 2017-2018.

ESCOLARES:
1.- Actividades educativas.
2.- Programa Mañanceiro.
3.- Actividades en períodos vacacionais.

ADULTOS:
1.- Escola de nais e pais.
2.- Curso de monitor de comedor escolar.

INSCRICIÓN: Recoller e entregar a solicitude de inscrición en calquera dos rexistros municipais de Cambre, no período do 13 ao 22 de setembro.

Arquivos:


Listado admitidos actividades educacion e conciliación