O Concello de Cambre convoca o TRIXÉSIMO TERCEIRO CERTAME DE PINTURA CONCELLO DE CAMBRE ANO 2017 dotado cun único premio de 6.000,00 euros.

A recepción das obras será do 6 ao 17 de novembro en horario de 10:00 a 13:30 horas de luns a sábado. Remitiranse á Casa da Cultura “Vila Concepción”, Praza Vila Concepción, nº 1, O Temple 15679 CAMBRE (A Coruña). O día 17, dentro do horario establecido, terán que estar presentadas físicamente nesta sede. Non se admitirá a presentación das obras fóra deste prazo e horario.

Teléfono: 981 613 193 (Concellaría de Cultura, Deportes e Mobilidade) Correo electrónico: areacultura@cambre.org

O venres 1 de decembro, ás 21:00 h, na Sala de exposicións da Casa da Cultura e nun acto público darase a coñecer a composición do xurado e quedará aberta ao público a exposición das obras seleccionadas, indicándose unicamente na tarxeta identificativa o título de cada obra.