Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Escolas de Actividades Físicas e Saúde 2017

Cartel Escolas

 

Do 9 ao 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición nas "Escolas de Actividade Física e Saúde 2017" do Concello de Cambre. O programa, que comeza a partires do 9 de xaneiro, seguirá contando cun amplo abano de actividades deportivas coas que se pretende cubrir as necesidades e demandas dos diferentes grupos de idade, promocionar a práctica de determinadas modalidades minoritarias e facilitar outras de difícil acceso para a maior parte da poboación.

A inscrición debe realizarse nos rexistros municipais, e a selección final dos participantes será por sorteo naquelas actividades nas que o número de inscritos sexa maior que o número de prazas ofertadas.

 

Para máis información diríxanse á oficina de Deportes do Concello:
Telf: 981 613 186.
Email: deportes@cambre.org

 

Listado de admitidos

Listado

Ayuntamiento de Cambre - Atrio, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal