Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Ayudas

A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas nos sete Camiños de Santiago, cun investimento de 3,2 millóns de euros para o vindeiro ano.

Os solicitantes poderán financiar con cargo a estas axudas ata o 35 % do orzamento subvencionable das obras, cun límite máximo de 11.000 euros por vivenda

Portal vivenda da Xunta de Galicia.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2027/xunta-abre-prazo-solicitude-axudas-para-rehabilitacion-vivendas-nos-sete-caminos

 

www.xacobeo.es

TARXETA BENVIDA para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016.

Axuda de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla nado ou adoptado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

DOG num 248 do mércores 30 de decembro.

Bonificacións altas Réxime Especial de Traballo Autónomo.

O 10 de outubro entraron en vigor novas medidas para o fomento do emprendemento, que foron recollidas na Lei 31/2015, do 9 de setembro, pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social (publicada no BOE do 10 de setembro de 2015).

- Novas bonificacións para altas no Réxime Especial de Traballo Autónomo (RETA)
- Novas condicións para acceder ao cobro único da prestación por desemprego e posibilidade de compatibilización da prestación por desemprego coa alta no RETA.

Para máis información poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cambre, no número de teléfono 981 613 196 ou no correo adl@cambre.org.

Achégase un resumo das bonificacións.
Achégase un resumo das condicións relativas ao cobro da prestación de desemprego.

Convocatoria de las subvenciones del Programa de ayuda al alquiler de viviendas del Plan estatal de fomento del alquiler de viviendas, la rehabilitación edificatoria y la regeneración y renovación urbanas 2013–2016.

Prazo dun mes para a presentación das solicitudes desde o día seguinte á publicación no DOG.

Publicación no DOGA 11 de 19 de xaneiro.

Mais información www.igvs.es e no teléfono 981 18 48 22.

Ayuntamiento de Cambre - Atrio, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal