Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Decidámolo Xuntos

 

Coincidindo coa elaboración dos vindeiros orzamentos municipais o Concello de Cambre pon en marcha a campaña de participación “Decidámolo  Xuntos” co obxectivo de coñecer as demandas e propostas que teñen os veciños e veciñas para mellorar o seu benestar e o da súa comunidade.

A intención é canalizar todas as propostas achegadas póla veciñanza con fin de orientar do mellor xeito posible as inversións nos devanditos orzamentos. 
As propostas poderanse realizar ata o mes de outubro.

O prazo para as propostas veciñais comezou o pasado 5 de setembro rematou o día 15 de outubro.

O Concello fará pública nesta mesma páxina o listaxe coas propostas de inversión aportadas polos veciños mediante os diversos canles de comunicacións abertos.

Respostaranse persoalmente a cada veciño as súas achegas e demandas polo teléfono ou mail que deixaron nos formularios. O goberno estudará cos técnicos as propostas de inversión para incluír nos orzamentos e explicará as que se poden incluir e as que non nos orzamentos.

Grazas a todos os participantes polas súas achegas que de seguro axudarán ao goberno local a elaborar os orzamentos de 2017.

Ayuntamiento de Cambre - Atrio, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal