| |
| NOTICIAS |
MANIFESTO.
Neste acto, esta corporación á que represento quere manifestar ante os seus veciños o seu máis enérxico rexeitamento ao estudo informativo que o Ministerio de Fomento realiza e presenta respecto do tren de alta velocidade –tramo A Coruña-Betanzos.
Cumprindo coas súas obrigas, este Concello presentará proximamente no Ministerio de Fomento un informe en contra do trazado proposto nas súas dúas variantes, que ven sendo igual que defender o interese xeral e os intereses dos veciños de Cambre aos que representa.
Este rexeitamento non ven motivado soamente porque se descoñeza polo Ministerio o salvaxe impacto ambiental que o trazado proposto orixinaría ao esnaquizar zonas húmidas protexidas, áreas de indubidable valor medioambiental e paisaxístico, como “A Fraga de Cecebre”, tamén protexida ou as propias marxes do río Mero e a súa obra de acondicionamento hidráulico, senón que ademais tal trazado afecta a núcleos de poboación consolidados, xa directamente ou xa indirectamente ao impedir un crecemento racional deles, ademais de a importantes obras de infraestrutura viaria como é o caso da proxectada xa vía ártabra.
Pero non soamente o rexeitamento desta alcaldía e de todos os grupos políticos presentes nesta Corporación ao trazado ferroviario presentado se debe ao brutal impacto medioambiental e urbanístico que xera, senón porque ademais implica a eliminación da rede ferroviaria agora existente que dende distintos concellos e, entre eles, o de Cambre, se quere potenciar e mellorar para facilitar o transporte ferroviario de proximidades da área metropolitana, que desaparecería co tren de alta velocidade proxectado para A Coruña-Betanzos.
Por isto, e para rematar este acto, quero manifestar que esta alcaldía e a corporación á que represento utilizará todos os seus medios, acudindo a todas as instancias que sexa necesario acudir para eliminar ou modificar o trazado ferroviario previsto polo Ministerio, presentando as alegacións correspondentes para tal fin, que non é outro que o de defender o interese xeral e o de todos os veciños de Cambre e non se aforrará ningún esforzo.
Nota: Tamén quero expresar o noso apoio ao pobo de Bergondo e a súa corporación hoxe representada aquí polo seu alcalde, por ser un municipio tamén afectado, ao igual que o noso polo trazado do tren de alta velocidade tramo A Coruña-Betanzos.
Compartir tamén o noso apoio os traballadores da fabrica a Toxa, por a súa perdida de postos de traballo a través de seu alcalde.
Quero agraceder, tamén a todas as asociacións, colectivos e persoas presentes neste acto que acabamos de realizar, o seu apoio e colaboración.
Cambre, 11 de febreiro de 2007
O alcalde.
|
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|