| |
NOTICIAS |
BANDO.
LIMPEZA DE FINCAS
Coa chegada do verán é do máximo interese para tódolos veciños de Cambre que as fincas, montes e solares existentes no Concello se atopen nun adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este é un deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha especial relevancia perante o risco de incendios.
A legislación vixente é moi clara ó respecto; así de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 3/2007, de 9 de abril , de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia en consonancia cos artigos 9 e 199 da Lei de Ordenación urbanístia e Protección do Medio Ruaral de Galicia, e 24 do Regulamento de disciplina urbanística, obriga ós propietarios de terreos, urbanizacións de iniciativa particular e edificación a mantelas en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, e de acordo coas normas sobre protección do medio ambiente, do patrimonio histórico e da rehabilitación. Así mesmo, corresponde ó Concello ordena-la execución das obras necesarias para conservar aquelas condicións.
No caso de incumprimento dista orde, procederase á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución do ordenado, de conformidad co establecido na citada norma.
Cambre, 05 de julio de 2007
O Alcalde
Asdo.: Antonio Varela Saavedra
|
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|