Castellano
Galego
Página principal   Agregar a Favoritos   Teléfonos y Email   Contacto   Farmacias de Guardia   Callejeros / Mapas   Punto Limpio   Transporte Público   Fundación Wenceslao Fernández Florez   Cursos   Encontros e contos nas Bibliotecas   OMIX   Permisos de Quema   D.N.I.   Información Urbanística de Galicia   O Tempo en Cambre   Xunta de Galicia   Deputación da Coruña   Administración Electrónica   Terra das Mariñas   Rede de Información Xuvenil   Voluntariado Galego   El portal de la Unión Europea
NOTICIAS


     B A N D O


     Como consecuencia da convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais 2008 mediante Real decreto 33/2008, do 14 de xaneiro, e de conformidade co establecido no artigo 39 da Lei orgánica 5/85, de 19 de xuño, pónse en coñecemento do público en xeral que nas oficinas municipais, primeiro andar da Casa do Concello así como na oficina situada na Casa das Palmeras, situada na rúa Tapia, Temple, e dende o día 21 ao 28 de xaneiro ámbolos dous incluídos, están expostas ao público as listas electorais.

     Durante o citado prazo, os españois residentes no concello, poden presentar a reclamación administrativa respecto da súa inclusión ou exclusión no censo, ben no propio concello, onde se lle facilitará o modelo correspondente, ou na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, neste último caso deberán achegar o certificado de empadroamento.

     A reclamación faráa o propio interesado, que deberá presentar unha copia do documento nacional de identidade, pasaporte ou permiso de conducir.

     Para máis información existe un teléfono de consulta, que é o seguinte: 901.101.900.

     Ínstase á consulta do censo, sobre todo a aquelas persoas que cumpriron recentemente os 18 anos e os que cambiaron de dirección nos últimos meses, a este respecto faise constar, que as persoas que se empadroaron neste concello dende o 1 de novembro de 2007 ata o 1 de xaneiro de 2008, teñen dereito ao voto no concello de onde proceden.

     Cambre, 15 de xaneiro de 2008

     O alcalde
     Antonio Varela Saavedra











Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento