.

Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

AMÉRICA E NÓS

Outubro 11 - 8:30 p.m. - Outubro 15 - 9:00 p.m.

O mércores 11 de outubro, ás 20.30 h, a Profesora Titular de Historia de América da USC dona Pilar Cagiao Vila impartirá unha conferencia sobre “A contribución galega á colonización americana” na Casa da Cultura – Vila Concepción.

O xoves 12 de outubro, ás 18.00 h, poderán ver no Centro Sociocultural do Graxal unha exhibición de Baile Folclórico Venezolano nun acto organizado coa colaboración da ONG Mestura.

O venres 13 de outubro, ás 21.00 h, proxectarase na Casa da Cultura – Vila Concepción o documental La clave de Cristóbal Colón (El noble gallego que conquistó América)Acompañaranos Carlos de Vilanova, autor do documental.  (Adxúntase trailer do documental).

O sábado 14 de outubro, ás 18.00 h, no Centro Sociocultural do Graxal o grupo arxentino “El Colectivo” presenta a obra El Viento (para maiores de 8 anos), dentro do XIII Festival Internacional de Títeres/Consorcio das Mariñas.

O domingo 15 de outubro, ás 20.00 h, no Centro Sociocultural da Barcala, o chef Diego Pita realizará un showcooking para xente adulta sobre a cociña tradicional americana. Hai que anotarse previamente na Concellaría de Cultura.


Detalles

Comienza:
Outubro 11 - 8:30 p.m.
Finaliza:
Outubro 15 - 9:00 p.m.

Organizador

Concello de Cambre
Teléfono:
981613128
Páxina Web:
www.cambre.es

Lugar

Casa da Cultura Vila Concepción
Praza Vila Concepcion 1
Cambre, A Coruña 15679 España
+ Google Map