.

Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

Preinscrición campaña de esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda

Xaneiro 9 - Xaneiro 16

Preinscrición

A Deputación da Coruña, outro ano máis, realiza unha campaña de esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda para nenos de toda a provincia, nados nos anos 2003, 2004, 2005 e 2006 e 2007.

Ao noso concello concedéronlle 12 prazas para rapaces empadroados en Cambre e nos corresponde a 1ª quenda: do 2 ao 5 de febreiro de 2018. Os participantes disfrutarán de catro días con aloxamento e manutención, ademais dos cursiños de esquí na estación de Cabeza de Manzaneda.

Cada participante aboará unha cota de inscrición de 85 euros.

As preinscricións só se poderán entregar no rexistro municipal do Concello (aberto de luns a venres de 9:00 a 14:00 h), no rexistro da Casa das Palmeiras (de luns a venres de 8:30 a 11:00 h) ou no rexistro da Barcala (de luns a venres de 12:00 a 14:00 h), e o prazo de presentación será do 9 ao 16 de xaneiro, ambos os dous incluidos.

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, faremos un sorteo público nas oficinas de Deportes (R/ Río Barcés nº 6, A Barcala) o 18 de xaneiro ás 12:00 horas, e avisaráse por teléfono aos admitidos para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza. Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve coa Deputación.

Non teñen que pagar a cota nin presentar ningunha documentación (excepto a preinscrición que se achega a este escrito) ata que o concello lle confirme a praza.

As solicitudes que non cumpran os requisitos, serán anuladas do sorteo automáticamente.


Documentos:

 

Detalles

Comienza:
Xaneiro 9
Finaliza:
Xaneiro 16

Lugar

Cambre, A Coruña 15660 España

Organizador

Concello de Cambre
Teléfono:
981613128
Páxina Web:
www.cambre.es