.

Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Inscrición para o taller “Calistenia: Fundamentos e rutinas básicas. Ponte en forma sen material”

Xaneiro 11 - Xaneiro 22

O vindeiro dia 11 de xaneiro comeza o prazo de inscrición para o 2º taller das novas tendencias no fitness denominado “Calistenia: Fundamentos e rutinas básicas. Ponte en forma sen material“.

O prazo vai do día 11 ao 22 de xaneiro e deberá facerse en calquera dos tres rexistros municipais no seu horario habitual.

O taller desenvolverase os sábados 27 de xaneiro e 24 de febreiro en horario de 18:00 a 20:00 horas.

A actividade é gratuita, está aberta a persoas maiores de 16 anos e contará cun mínimo de 6 prazas e un máximo de 15.


Documentos:

Detalles

Comienza:
Xaneiro 11
Finaliza:
Xaneiro 22

Lugar

Cambre, A Coruña 15660 España

Organizador

Concello de Cambre
Teléfono:
981613128
Páxina Web:
www.cambre.es