.

Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

XV Xornadas Castrexas

Outubro 14 - Outubro 15

As XV Xornadas Castrexas terán lugar os días 14 e 15 de outubro de 2017 coas seguintes condicións:

Inscricións:

  • Custo gratuíto.
  • Inscricións: as follas de inscricións presentaranse nas oficinas dos rexistros municipais (Rexistro Xeral, Rexistro Auxuliar da Casa das Palmeiras e Rexistro Auxiliar da Barcala).
  • Prazo de inscrición: desde o 26 de setembro ata o 6 de outubro de 2017.

 

Programa:

Sábado, 14 de outubro: celebraranse dúas conferencias na Casa da Cultura Villa Concepción a partir das 10:00 horas

  • “Recentes campañas de escavación en San Cibrao de Las” a cargo da arqueóloga Yolanda Álvarez González.
  • “Últimas aportacións á Idade de Ferro Galega” a cargo do arqueólogo Luis Francisco López González

Domingo, 15 de outubro: excursión ao Castro de San Cibrao de Las e visita a San Amaro e Ribadavia. As condicións específicas son as seguintes:

  • Saída ás 8:00 dende da Casa do Concello e regreso ás 19:00 horas.
  • Visita guiada ao Parque de Interpretación da Cultura Castrexa e ao castro: o custo da entrada de 3,50 euros será aboado polo/a participante.
  • Xantar en San Amaro: o custo do xantar será aboado poro/a participante.
  • Visita a Ribadavia.

Para esta actividade o número de prazas é de 175. Si o número de persoas inscritas é maior que o número de prazas, realizarase un sorteo o día 10 de outubro ás 10:00 horas nas dependencias da OMIX. As solicitudes que non obteñan praza pasarán á listaxe de agarda.

En calquera caso, este proceso réxese pola Ordenanza reguladora da inscrición de participantes nos programas de actividades do Concello de Cambre e das condicións do seu desenvolvemento, publicada no BOP número 95, do 24 de maio de 2010.

– Arquivos:

Detalles

Comienza:
Outubro 14
Finaliza:
Outubro 15

Lugar

Casa da Cultura Vila Concepción
Praza Vila Concepcion 1
Cambre, A Coruña 15679 España
+ Google Map