| |
OMIX |
|
|
Son as siglas de Oficina Municipal de Información Xuvenil. É un servicio dirixido á xuventude.
A OMIX informa e asesora a tódolos mozos-as que o demanden; a información que se pode atopar é moi variada (tanta como o tipo de consultas), polo que, practicamente, non hai pregunta que non obteña resposta. Este servicio tamén ofrece apoio técnico para a realización de actividades e outros proxectos das asociacións xuvenís do concello. Asesoramos e axudamos na constitución de asociacións xuvenís. Interesanos o que interesa á mocidade.
A OMIX quere ser o centro dinamizador das ideas e iniciativas xuvenís, actuando coma ferramenta para o desenvolvemento da xuventude; recolle-las inquedanzas e darlles forma, para que os desexos e soños dos mozos-as sexan realidade. Axudar á progresión da persoa a traverso do ocio e o tempo libre feito por vós mesmos pero coa axuda e asesoramento de técnicos xuvenís.
¡As túas propostas interésanos!
|
|
Temos varios programas en funcionamento.
Un de sendeirismo (Vente de marcha), outro de rutas aventureiras (Aventura na Gallaecia), outro de cursos (¡Trans-fórmate!), tamén de asesoramento permanente ás asociacións xuvenís (Tdi, Todos deben involucrarse).
O noso horario de inverno, de luns a venres, é:
Mañás: 10 a 14 horas
Tardes: 18 a 20 horas
O noso horario de verán é só polas mañás.
Podes contactar connosco en omix@cambre.org , infoxuvenil@cambre.org |
Solicitude de inscrición Actividades Xuvenís:
• Impreso (PDF ).
|
|
ACTIVIDADES
|
CALENDARIO
|
|
|
SÁBADOS DE LECER
|
VENTE DE MARCHA
|
|
|
RUTAS DE SENDEIRISMO DA OMIX |
Descobre as rutas de sendeirismo da OMIX Pulsando aquí.
Calendario, Tarifas e máis información. |
|
|
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|